Espazo enogastronómico cultural

Porque somos máis que un hotel e un restaurante, somos un gran espazo de divulgación e de culto á gastronomía da comarca. O noso propósito é dar cabida a todo evento que poña en valor e da coñecer as virtudes dos produtos do noso mar. Unha pesca sustentable, novas artes de captura, innovación ao servizo da conservación do mar e as súas capturas. Queremos brindar o noso espazo a produtores, promotores, distribuidores, comercializadores, etc para o fomento do consumo de proximidade. Apostamos pola maridaxe de produtos do mar e viños da terra, para desta forma potenciar aínda máis o sabor, a cultura e a tradición de consumo de ambos os produtos

Nesta aposta levaremos a cabo:

  • Diferentes xornadas segundo produtos de tempada

  • Sesións de maridaxe

  • Sesións de cata

  • Formacións específicas

  • Presentacións de produto

  • Showcooking

  • etc

Tour Virtual