Carnota

Carnota

Carnota é un municipio costeiro situado na zona suroeste da Coruña (Galicia, España), pertencente á comarca de Muros. O seu nome podería proceder da voz precéltica carn (pedra). Existen túmulos e castros que indican que a zona foi poboada desde a antigüidade. Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coa Gran Guerra Irmandiña de 1467 desapareceron as fortalezas. O lugar da capital, Carnota, naceu no século XVII. No século XIX foi saqueada por tropas francesas na Guerra da Independencia Española.

Monumentos e lugares de interese:

  • En Carnota atópase un dos maiores hórreos de España, con case 35 m de lonxitude, e por tanto do mundo, xa que estas construcións son orixinarias e únicas do noroeste da península ibérica. O máis grande poderémolo atopar en Líra, aínda que só o supera por uns centímetros e está en peor estado de conservación.
  • Son de elevado interese os seus espazos naturais: Monte Pindo, desembocadura do río Xallas, praia e marismas de Carnota e as illas Lobeiras. A praia de Carnota ten máis de sete quilómetros de lonxitude de area e cinco de praia rochosa. Unha duna de area forma cara ao interior unha pequena marisma que entre acolle distintas aves acuáticas en invernada.
  • Tamén son reseñables os seus numersas e belas praias, como a de San Pedro (do Pindo), Quilmas, Pedrullo, Corna Becerra, Area Branca, Porto Negro, Caldebarcos, Boca do Río, Carnota.

O mellor lugar para coñecelo