Corcubión

Corcubión

Corcubión é un municipio español da provincia da Coruña, situado á beira da ría do mesmo nome.

Corcubión aséntase sobre unha pequena península que, con forma rectangular e rodeada polo municipio de Cee, penetra no océano Atlántico entre a enseada de Estorde e a ría. Neste pequeno territorio os relevos máis elevados roldan os 150 e 200 metros de altitude, localizándose no centro da península, desde onde descenden cara ao mar. Na ladeira orientada ao mediodía, ao abrigo dos ventos e temporais, esténdese a vila de Corcubión.

Entre o patrimonio histórico e cultural máis destacado atópase o seu casco antigo que representa unha bela mostra da arquitectura civil do século XVII, e a Casa Consistorial, que data de 1924.

Festas:

  • San Marcos, 25 de abril.
  • San Pedro, 29 de xuño.
  • A Virxe do Carme, 16 de Xullo. En Corcubión,
  • Feira Medieval, terceiro fin de semana de Xullo.
  • A Virxe das Mercedes, 24 de setembro.

O mellor lugar para coñecelo