Nemiña

Nemiña

 San Cristovo de nemiña é uma parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra.

Destaca principalmente a praia de Nemiña, alto no Camiño de Santiago, coñecida por todos os afeccionados ao surf, é a praia que se atopa máis ao sur no concello de Muxía. Desde o arco que forman os seus 1.250 metros ven tres concellos da Costa da Morte: Muxía, Cee e Fisterra.

As posibilidades de lecer e de deporte que ofrece Nemiña compleméntanse co sendeirismo. Unha senda litoral une a aldea co cabo Touriñán onde, dúas veces ao ano, entre o 21 de marzo e o 25 abril e entre o 13 de agosto e o 22 de setembro pódese ver desaparecer o último raio de sol da Europa Continental.

O mellor lugar para coñecelo